Monday 13 de May de 2024

A Pobra incorpora a ruta turística guiada polo río das Pedras no calendario estival


A contorna do río das Pedras constitúe unha paraxe de gran riqueza que aglutina natureza, cultura, historia e lendas. Por iso, o Concello da Pobra do Caramiñal engrosa o calendario de actividades para a tempada estival incorporando por segundo ano consecutivo unha ruta turística guiada por este espazo que se erixe como un dos principais reclamos paisaxísticos da localidade, segundo avanza a edil do Turismo en funcións, Charo Varela.

O itinerario partirá nos días 14 e 28 de xullo, así como no 11 e 18 de agosto. Ten unha duración de 3 horas que se traducen en aproximadamente 2 quilómetros a pé. A dificultade é media-alta, polo cal está recomendado para maiores de 12 anos.

Un autobús efectuará o traslado ata o lugar de saída, polo cal se establece o aparcadoiro situado fronte á praza de abastos como punto de encontro, ás 10.00 horas.

O importe para pagar sitúase nos 13’50 euros por persoa e as prazas son limitadas. Requírese a inscrición previa na oficina do turismo -Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.